Festas de A Barquiña
Actualmente contamos con dúas festas, as dúas na honra da Virxe do Carme.
Unha celébrase o 2 e o 3 de febreiro, que ven sendo a festa de toda a vida da Barquiña.
E a outra é o último fin de semana de maio. Esta festa vense facendo dende hai pouco debido a que a primeira non cadraba sempre con bo tempo, e as veces cadraba con un temporal. Por eso, someteuse a unha votación cambiar a festa para o mes de maio, aprovouse, pero moita xente abstúvose. Despois disto, a festa pasou a ser o mes de maio, pero algunhas persoas querían seguir celébrandoa en febreiro, posto que era o día en sí.
Finalmente acordouse celebrar as dúas festas.

As festas son dous días e o último é na honra á Virxe do Carme, a cal se lle celebra unha misa pola mañá na igrexa de Santa Cristina. Logo da misa sae a procesión ca virxe e os remos simbolizando aos mariñeiros. Cando acaba a misa hai unha traca de foguetes dende a praia en frente de San Bartolomeu, unha illa onde se colocan as bandeiras de España e Galiza cando hai festa. Despois dos foguetes soe haber unha sesión vermú acompañado con empanada no campo da festa (nas de maio) e nas de febreiro a sesión vermú pasa a ser diante da igrexa.
Pola tarde sempre hai un campeonato de chave ao que se pode apuntar quen queira pero pagando, xa que os gañadores reciben un trofeo. E pola noite seguen as orquestras e os grupos.