A HISTORIA DE A BARQUIÑA
Conta a lenda que o neto desdecente de Noé, chamado Thúbal ou Thóbel (neste extremo non se poñen de acordo os propios historiadores), desembarcou anos despois do diluvio universal, no punto da costa portuguesa que hoxe coñecemos como Setúbal. Ese neto de Noé, tería despois unha filla á que lle chamaron Noela. Esta última mailo seu irmán serían os cofundadores da Vila de Noia, en nome e representación do seu patriarca, Noé, asentándose xusto nunha das ensenadas que fai a ría de Muros e Noia, no lugar coñecido agora como: A Barquiña.
Pero isto non é máis que iso, unha lenda... En calqueira caso, foi tan asumida polos asentamentos humáns posteriores, ata chegar ó extremo de que no propio escudo da Vila aparece a cara de Noé asomando polo ollo de boi dunha barcaza, e coa archinombrada pomba que lle trouxo a ramiña de olivo para informarlle da existencia de terra firme.
Adentrándonos xa no terreo da historia propiamente dito, sobre do que non existe disquisición algunha, é sobre o recoñecemento que se fai respecto de que A Barquiña foi un núcleo primixenio de asentamento da vila de Noia. De ahí, e por mor de ataques mariños e por razóns de comunicación, trasladouse finalmente hacia a zona da vila que denominamos na actualidade como "zona vella" (casa da Xouba, pazo Dacosta, Santa María a Nova, etc.).
Hoxe, A Barquiña, constitúe una das aldeas con maior poboación de Noia ou cando menos é así se nos fixásemos en datos obxectivos como a lista do censo electoral.
A aldea atópase dividida en varios lares nítidamente diferenciados: entrando no cruce, e ata chegar a pista polideportiva municipal, encontrariamonos co lugar de Carracido que remata no monte homónimo. Na parte central da aldea, donde se sitúa o maior concentramento humán, non recibe un nome especial, aínda que usualmente recibe o xenérico (A Barquiña). Finalmente, nas partes maís alonxadas e cercanas xa a desembocadura do río Tambre teríamos o Cruceiro do Río e o lugar de Paralada. Este último sería a derradeira zona virxe que queda na aldea, probablemente a súa proximidade ó río da lugar a que gran cantidade de terreos queden dentro da zona calificada como de "dominio público".
INFORMACIÓN SACADA DE: http://usuarios.multimania.es/barquinha/index-2.html